O OF abre o prazo de inscrición para os traballos que se exporán en outono de 2013

O 1 de marzo abriu o novo prazo de recepción de traballos para a 31 edición do Outono Fotográfico.

A incripción farase, coma o ano anterior a través da súa web www.outonofotografico.com e o prazo dará remate o 1 de xullo de 2013.

O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía, o decano da península ibérica, que chega neste 2013 á súa 31ª edición.

O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías…

A ampliación da súa implantación territorial é un dos obxectivos. Actualmente programanse mostras en toda Galicia, Catalunya, Portugal e Brasil.

Componse de tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Vítor Nieves.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a política de cookies. Se continúas navegando estás a aceptala!    VER
Privacidad
Call Now Button