O Mes da Fotografía de Brasilia negocia intercambios co OF

O festival fotográfico da capital do Brasil, que se celebra cada ano en agosto, quere comezar un intercambio co festival galego da fotografía.

Vítor Nieves, do OF, conversa con Carol Peres, a Produtora Executiva do Mes da Fotografía de Brasilia

O Paraty en Foco, festival no que estaba o OF como invitado, serviu para o achegamento dos axentes dinamizadores da fotografía brasileira, e para o contacto coa fotografía galega que levaba o Outono Fotográfico.

O Mes da Fotografía de Brasilia contou na última edición  con palestras de fotógrafos como Juan Molina, Du Zuppani, Márcio Cabral, Izan Petterle ou Plínio Ricardo. Ademáis expuso fotos de artistas da talla de João Bittar, Cristiano Costa, Aléx Farias ou Hélio Rocha.

Pese a non ter pechado o tipo de intercambio que se establecerá entre Ourense e Brasilia, por mor do traballo que neste último mes está tendo o staff do Outono, o que xa é claro que nas vindeiras edicións a capital do Brasil estará mais perto do noso País.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Vítor Nieves.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a política de cookies. Se continúas navegando estás a aceptala!    VER
Privacidad
Call Now Button