O festival fotográfico máis importante do Brasil publica a súa programación
Na súa 8ª edición, o Festival Paraty em Foco consolídase como un dos maiores festivais internacionais de fotografía. Serán 4 días de intensa actividade, que contará con exposicións e proxeccións gratuítas espalladas por toda a cidade. A través da Convocatoria, fotógrafos brasileiros e estranxeiros foran escollidos para participar de dúas proxeccións que serán presentadas durante o festival.
Alén das exposicións, o Paraty em Foco contará con 13 Encontros | Entrevistas. As entradas serán vendidas con un día de antelación ou no mesmo día da actividade no Lounge NIKON. Os encontros son tamén retransmitidos no Lounge e na Tenda da Matriz. As retransmisións son abertas e gratuítas. Profesionais de distintos países, recoñecidos mundialmente, discutirán sobre o presente e o futuro do fotoxornalismo, a retomada da fotografia documental no contexto das transformacións tecnolóxicas, entre outros temas. Na web do festival podes ver a programación completa.
Levaranse a cabo mais de 20 workshops prácticos e teóricos, con aulas dirixidas tanto a fotógrafos profesionais e amadores, como ao público interesado na produción cultural e editorial relacionada á fotografía.
Asemade, este ano, oferecen diversos descontos que facilitan a participación. (Clique aqui)
Outra actividade de destaque do 8º Paraty em Foco é o Programa Colecionador. Visando o estímulo ao colecionismo, á práctica do mecenazgo e ao fomento da fotografía, os participantes poden colaborar directamente coa organización do festival adquirindo unha obra numerada e autografada do fotógrafo Claudio Edinger.