O concurso de fotografía dixital de Canson rebaixa máis dun 40% a contía dos premios

O certame, que vai pola carta edición, rebaixa este ano a contía dos premios de 17.000 a 10.000 €. A polémica que xerara o nome nas tres edicións anteriores parece este ano esquecida e o ruxe-ruxe da rede só fala da rebaixa económica.

Canson convoca a todos os fotógrafos e fotógrafas profesionais e amadores a participar no  IV Concurso Nacional de Fotografía Digital Canson Infinity, onde se premiarán os mellores traballos presentados nunha única categoría.

Unha boa oportunidade de difusión para os autores, xa que o gañador terá a oportunidade de se ver publicitado nas plataformas dixitais da firma.

Logo da rebaixa á que Canson non eludiu en ningún momento da presentación pública das bases, os premios dotaríanse con 5.000 € o primeiro, 2.500 € o segundo e 1.000 € o terceiro. Asemade teñen previsto dotar con 500 € tres categorías de accésit, e outras catro obras finalistas serán premiadas cun lote de productos Canson Infinity.

Este é un premio que tivo nas primeiras edicións certas críticas pola opulencia do seu nome. E é que unha firma de papeis fine art e que quere dar a imaxe de prestixiosa, non debería sacar un premio de tan pouco nivel. Ademais o feito de levar a palabra dixital no nome do certame xa deixa entrever o coñecemento fotog´rafico que teñen os organizadores, pois aínda que se escuden en ser unha empresa que vende soportes de impresión, alguén lles debería explicar que existen os escáneres e os respaldos dixitais.

O período de inscripción e recepción de obras é do 7 de xaneiro ao 31 de marzal de 2013. Descarga as bases e infórmate na súa web. http://www.canson-infinity.com/es/index.asp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *