Laia Abril expón o ensaio sobre a mullerlobo de Allariz no Outono Fotográfico
‘Lobismuller’ poderase visitar na Sala Fondos do Museo Municipal de Ourense desde o 14 de decembro até o 11 de febreiro.
A laureada Laia Abril chega á Galiza de man do festival Outono Fotográfico para mostrar o seu último ensaio fotográfico ‘Lobismuller’. A que foi nomeada pola prensa a ser a sustituta de Joan Fontcuberta, leva anos a traballar desde o fotolibro, construindo historias cunha particular narrativa fotográfica. Os seus libros teñen recorrido todo o mundo e ten editado con algunhas das editoriais máis conceituadas.
Abril leva anos a traballar nos seus proxectos artísticos, a cabalo de xornalismo, temáticas como os feminismos e cuestións de xénero, así como a sexualidade e os transtornos da alimentación.
O Museo Municipal de Ourense Lobismuller, que aborda a identidade de xénero a través do caso Romasanta, de Allariz. O Coñecido como Manuel Blanco Romasanta, fora bautizada como Manuela, xa que inicialmente se identificou á crianza como muller. De acordo coas actuais teorías era unha persoa intersexual. Lobismuller reconstrúe desde unha perspectiva feminina a historia da asasina en serie máis enigmática e criminosa da historia galega. Como sabemos, Romasanta era coñecida como Sacaúntos, debido á lenda de converter a graxa das súas vítimas en xabón de alta calidade; durante o xuízo de 1853, foi acusada de 9 dos 12 asasinatos que admitiu (de 17 atribucións), afirmando que non era culpábel xa que sufría unha maldición que a convertía en lobo.
«E se o Lobo da Xente era realmente unha muller?, ou mellor, o que acontecería se os investigadores do caso non pasasen por alto datos tan importantes como que no momento do bautizo, Romasanta era unha nena?» di o curador da mostra, Vítor Nieves, investigador e experto en Romasanta. «Hai moitos indicios que nos achegan unha realidade ben diferente daquela que nos imaxinamos de Romasanta. No Arquivo do Reino da Galicia hai documentos das declaracións en xuizo das persoas que coñecían a Romasanta e que falan del(a) como “unha persoa amanerada” e que “facía tarefas propias de muller” alén de se relacionar sempre exclusivamente con mulleres, malia que hoxe se nos venda coma un home rudo»
A exposición estará no Museo Municipal de Ourense até o 11 de febreiro de 2018.