Juan Valbuena explica nun obradoiro como sobrevivir sendo fotógrafo
O fotógrafo de Nophoto, achegarase a contar as súas experiencias á Estrada, nun obradoiro no que dará as claves de cómo sobrevivir na profesión no século actual.
Os cambios tecnolóxicos e a crise económica colocaron nunha posición difícil aos fotógrafos do século XXI e a súa mestura explosiva de infinitas posibilidades, información inabarcable e tarifas decrecentes remataron por desvialos do seu obxectivo principal, facer fotos.
Juan Valbuena impartirá en Dispara o curso “¿Cómo ser fotógrafo en el siglo XXI?” onde trata de loitar contra a confusión e prantexa útiles estratexias xenerais e individuais, enchendo os particulares Mapas de Decisións e estudiando as posibilidades do mercado até conseguir o equilibrio necesario entre os proxectos persoais e os proxectos profesionais.
Este obradoiro terá lugar na sala estradense o 18 e 19 de maio (2013) e o prazo de matrícula está xa aberta. Así mesmo, o venres 17 Dispara convida a unha palestra chamada “Libros libres” totalmente gratuíta e con aforo limitado, na que os alumnos de Valbuena terán praza reservada.