Javier Viver trae a inmortalidade ao Outono Fotográfico na Galería Marisa Marimón
O proxecto Aurelia Inmortal baséase nun descubrimento científico do que se serve o autor para prantexar unha narración entre a documentación científica e a ficción.
A Galería Marisa Marimón é un dos espazos históricos do Outono Fotográfico. Unha das galerías máis consolidadas da Galiza, e das primeiras que apostou pola fotografía cando ninguén acreditaba nela no mundo comercial da arte.
Javier Viver expón o seu traballo sobre a DESCRENZA, temática desta 35 edición do festival Outono Fotográfico, no que usando a gramática visual da documentación científica narra unha historia ficcionada.
En decembro de 2015, o estudante chinés de bioloxía marina He Jinru publicou na revista científica Plos One a sorprendente propiedade da medusa Aurelia, que é quen de alcanzar a inmortalidade biolóxica. Segundo se facía eco o National Geographic unha vez que Aurelia Inmortal expira, desenvolve a capacidade prodixiosa de rexenerar as sús células até alcanzar a etapa xuvenil, como se dunha ave Fénix se tratase.
Tomando isto como punto de partida o artista cóntanos unha historia, desde o ano 2046, nun futuro no que os avances da biotecnoloxía permitiron desenvolver unha especie transhumana, cunha vida que se podería prolongar indefinidamente. Visto desde este futuro ficticio, o descubrimento das propiedades da Aurelia tería resultado decisivo para a humanidade. A partir desta narración, o ensaio fotográfico prantexa moitas cuestións sobre o ser humano, a naturaleza, a arte e a inmortalidade.
Para compor esta historia, Viver utiliza fotografías e murais fotográficos dunha inquietante película da medusa Aurelia, imaxes realizadas con microscopios electrónicos, e un fotolibro no que a secuenciación de imaxes nos permite reconstruir unha narración aberta. Unha perspectiva de ficción, que alude á nosa situación actual, cando se están invertindo sumas multimillonarias en investigacións destinadas a “combatir a morte”.
O fotolibro está composto de dous volumes enfundados: un leporello que describe o ciclo vital da medusa, no que se unen as cubertas imantadas nun ciclo sin fin e unha axenda-diario escrita en 2046, na que se fai memoria do acontecido coas imaxes do futuro.
Aurelia Inmortal é o segundo fotolibro de Viver. En 2016 gañou con “Révélations”, libro que se esgotou en poucos meses, o premio ao mellor libro de arte do ano, outorgado polo Ministerio de Cultura e o ArtLibris.
A exposición inaugúrase este venres 17 de novembro ás 20 horas e estará aberta até o 16 de febrero de 2018.