Google ofrece as fotografías de Getty de balde

O xigante de Silicon Valley regalará o traballo de centos de fotógrafos logo de facerse cun arquivo de 5.000 fotografías de Getty Images por un prezo irrisorio.

Por se fora pouco a que está caendo no mundo da fotografía, condenado a reinventarse varias veces por ano, polos constantes ataques das plataformas máis importantes da rede, a compañía de Eric Schmidt volta a botar un órdago aos creadores de imaxes regalando fotografías que antes eran de pago.

Parece que o buscador de buscadores quere acabar co sistema coñecido como microstock, que é do que moitos fotógrafos viven, ou sobreviven. Este é un xeito de almacenar e expoñer fotos na rede para a súa venta, de xeito que cada fotos se vende varias veces a prezos distintos dependendo cal sexa o uso ou a finalidade, o que antes se coñecían como axencias, pero que hoxe traballan dun xeito mais especializado, virtual e global.

Os usuarios de Google Drive, o servizo de alamacenamento e creación de documentos online, ofrece estas imaxes á máxima resolución co obxectivo de fidelizar os seus usuarios, pois na competencia, empresas como Scribd xa tiñan vantaxe cando o buscador lanzou o disco duro cloud.

Getty Images, banco de imaxes de Carlyle (sociedade da que forman parte J.P.Morgan ou Goldman Sachs) puxo a disposición de Google máis de 5.000 fotografías que foron adquiridas por 12 dólares cada unha, prezo que moitos colectivos de fotógrafos con presenza na rede calificaron de ridículo, pois cada unha desas imaxes podería venderse varias veces e por unha cantidade maior, o que estragará de seguro os plans de moitos fotógrafos que ingresaban mensualmente por cada venda que facía Getty.

Así mesmo, a compañía americana permitirá o uso das fotografías para fins comerciais e con liberdade de modificación. Oferta da que poden dispor os seus 425 millón de usuarios, o que fai que o valor de cada imaxe se devalúe chegando a cerca do cero.

Ao xigante non tardaron en responderlle, como xa é habitual, e a comunidade de fotógrafos de Getty, nomeadamente os colaboradores, non tardaron en esbardallar nas redes sociais e os foros, e moitos, xa abandonaron a axencia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *