Ferrol mostrou a súa Cara B
Como xa se informou neste espazo, Ferrol pasou este ano a ser parte activa do Festival Outono Fotográfico, e ao seu frente Carolina Martínez, a coordinadora das exposicións na cidade depertamental.
Ferrol Cara B, foi unha proxección creada ex-profeso co gallo do 30 aniversario do Outono Fotográfico. Ideouse para ser proxectada na fachada do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, e con ela inaugurar o que será nos vindeiros anos, A Noite da Fotografía.
Nesta mostra, dez fotógrafos ferrolanos amosan a súa peculiar visión desta peculiar cidade. Marga Cumbrao, Iciar Cervantes, Marta Barros, Patricia Teijeiro, Kiko Delgado, Eloy Taboada, Ángel Manso,José Juan Meizoso,Nelson López e Mario Nodar mostraron o seu traballo na mostra comisariada por Carolina Martínez e no que colaborou o Concello de Ferrol.