Espai Fotogràfic de Barcelona mostra unha colectiva de fotógrafos galegos

A mostra Ocultacions i inexistències comisariada por Xosé Lois Vázquez estrá exposta do 20 de setembro ao 27 de outubro de 2012.

“Ocultacións e Inexistencias” foi o título que escolleu o curador para un traballo colectivo de 14 artistas, sete homes e sete mulleres, para por de manifesto unha outra forma de feísmo. A exposición, que fora producida para inaugurala dentro do Foro do Feísmo de Ourense, nunca chegou a celebrarse nese marco, xa que a ex conselleira Teresa Táboas vetou a iniciativa. Logo de un tempo a exposición comezou unha itinerancia, comenzando en Barcelona e así leva xa tres anos. Esto supuxo a recuperación dun proxecto que se quedou en catálogo. O comisario desta mostra, o propio Xosé Lois Vázquez, confesou que “a censura foi  porque, ao final, a arte “molesta aos que mandan e libera aos que pensan”.

O fío argumental e a persucución do curador era mostrar catorce traballos diferentes nos que se falase de todo aquelo que se nos oculta e que chega a desaparecer. Esas inexistencias que cohabitan con todos e todas nós a diario. Así, no resultado final temos 14 series que falan de temas moi sociais. 14 traballos fotográficos en diferentes linguaxes que van desde a reportaxe, até o documental ou a intervención nas rúas para mostrar aquelo que queda oculto na sociedade, dende a contrucción salvaxe até formas de sub-vida, desde o maltrato animal até o autosexo, desde a homosexualidade até o voyeurismo.

Matilde Álvarez, Emilio Arauxo, Emilio Cendón, Daniel Díaz Trigo, Federico García Cabezón, Carolina Martínez, María Meseguer, Vítor Nieves, Carme Nogueira, José Paz, Sara Sapetti, Alba Vázquez Carpentier e Marta Villoslada, unha visión plural para un resultado coral.

A exposición móstrase na Sala Cava e na Sala Golfes do Espai Fotogràfic de Can Basté (Barcelona). Esta ten lugar grazas ao intercambio que este espazo ten dende hai tres anos co Outono Fotográfico.

Expo Outono from TERRA de NINGÚ on Vimeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *