Don’t look at my camera

Idea Orixinal: Vítor Nieves

Produción: Vítor Nieves | Crowfounding en Verkami

Coordinación editorial: Vítor Nieves

Deseño e maquetación: Xosé Lois Vázquez, Disigna Edenia

Textos: Vítor Nieves, Rui Prata e Marcia Luca Soutadoiro van der Säge.

Fotografías de: Bubi Canal | Cecilia de Val | Damián Ucieda | Duarte Amaral Netto | Félix Fernández | Fernando Bayona | Florencia Rojas | Gonzalo Pérez Mata | Ixone Sádaba | Jesús Madriñán | Julia Montilla | Marta Moreiras | Marta Soul | Miguel Ángel Gaüeca | Rocío Verdejo | Rosa Muñoz | Sandra Torralba | Valentín Jaramillo

Editora: Difusora de Letras, Artes e Ideas. | nº IV da Colección OF

Depósito legal: OU 129-2015
ISBN 978-84-92958-34-4
76 páxinas en cor. Impresión lasser.
Encadernación fresada. Capa mole con lapelas completas e sobrecuberta de papel vexetal translúcido con golpe en seco e selada a man, con lapelas completas
Peso: 210 g.
Dimensións: 16,5 x 22 cm.
Micromecenazgo. Edición : maio 2015

 

 


 

 

10898003_845904332160945_4338427236108959288_n

A publicación é un estudio sobre a Staged Photography ou fotografía escenificada, e edítase logo do éxito acadado na exposición homónima curada por Vítor Nieves na que participaron os mesmos artistas que no libro. Pretende ser un breve resumo a modo de representación do panorama actual dese estilo fotográfico con obras meticulosamente seleccionadas de artistas de varias xeracións provintes dos diferentes países que conforman a Península Ibérica. Ás imaxes precédenlle tres textos analíticos, o primeiro de Vítor Nieves, alma máter do proxecto, o segundo de Rui Prata, o que fora durante anos director do Museu da Imagem de Braga e director do festival internacional Encontros da Imagem, e o terceiro de Marcia Luca Soutadoiro van der Säge, prestixiosa crítica de arte espacializada en artes performativas.

«As fotógrafas e fotógrafos, convértense en escenógrafos, e deixan de captar a realidade para construíla, abrindo unha grande xanela cara a ficción e poñendo en dúbida a noción mesma de realidade. A cotío, na Staged Photography, empregouse como parte primordial para compoñer a imaxe, e imprescindíbel para artellar o concepto, aos e ás modelos. Por veces, é o propio autor ou autora a que interactúa e forma parte da súa propia obra, até tendo diversos papeis, asumindo identidades ficticias, outras, son actores, actrices, ou maniquís os que, baixo a dirección do fotógrafo, interpretan papeis, normalmente relacionados coa vida social, o status, a mitoloxía ou os soños.» (extracto do texto de Vítor Nieves)

 

 


 

 

Adquire o libro na tenda online:

CAPAS-LIBRO-OF-Nº-4-DON´T-LOOK-AT-MY-CAMERA-01