Axudas á creación visual da VEGAP

A VEGAP propón un novo apoio a creadores visuais. PROPUESTAS é unha convocatoria anual pública para o fomento da creación de obras de arte contemporáneo.

PROPUESTAS está aberta a todos os artistas españois, e ten como obxectivo financiar a produción de obras, que por certo, queda en propiedade do artista. O propósito da institución é a promoción da creación artística a través da financiación dos proxectos daqueles autores que se expresan a través da creación visual. As axudas distribuiranse en cinco categorías: Artes Plásticas, Fotografía, Deseño, Ilustración e Novas Tecnoloxías. Aceptaranse los proxectos multidisciplinares, que terán qe presentarse na categoría que predomine no proxecto, a xuizo dos seus autores.

Este ano a dotación total da convocatoria ascende a 90.000 €. Este importe repartirase a razón de 18.000 euros para cada unha das cinco categorías.

Mais información nas bases da convocatoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *