As cámaras de Kodak resisten no mercado pese a non ser xa da compañía alemana

Hai máis dun ano que Kodak se declarou en bancarrota, trancurrido este tempo conseguiu o que precisaba: nada menos que 526 millóns de euros.

Polo camiño quedan liortas xudiciais con outras firmas como Apple, e a masiva venta de patentes (adquiridas a maioría pola compañía de Marc Jocobs, Google e Microsoft). Os seguidores da firma alemana xa puxeran o pasado ano o grito no ceo pola venda da súa sección de producción de películas fotográficas.

Desfacerse da sección dos rollos de haluros de prata foi posterior á decisión de deixar de fabricar impresoras, e parella á posta á venda do seu mencionado catálogo de patentes, a galería on-line, os seus kioscos de revelado, máquinas de fotos para atraccións de parques temáticos e de escaneo comercial.

A grande parte do diñeiro recadado do que queda da compañía veu de Centerbridge Partners LP (Competidora de Goldman Sachs na adquisición de cadenas hoteleiras e casinos de USA), compañía que recibiu a axuda de Obama para apoderarse de BankUnited, e propietaria de parte de compañías como Chrysler, entre outras.

Por tanto, Kodak foi desprendéndose de parte das súas principais áreas de negocio ao longo destes meses, e o último movemento que se coñece nesta dirección é que a mítica marca decididiu licenciar os dereitos para fabricar cámaras co logotipo de Kodak a JK Imaging.

Co que a partires de agora, as cámaras (e proxectores) Kodak que vexamos no mercado, serán productos da JK Imaging, aínda que presumiblemente esconderán este nome para lucir a do xigante de Eastman. Un xeito de seguir vendo a marca que democratizou a fotografía nas tendas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *