Albarracín volverá encherse de fotógraf@s

A Fundación Santa María de Albarracín volve a convocar este ano, coma nos últimos once o Seminario de Fotografía e Periodismo.

O fotógrafo Gervasio Sánchez e a comisaria Sandra Balsells organizan unha das citas importantes do ano ma península, coa que fan desplazar centos de fotógrafos a unha das aldeas máis singulares de Teruel.

Pese ao frío, os seminarios desenvólvense nun entorno moi atractivo, e a concentración de profesionais é tal, que tod@s os que saen do Seminario fano cunha sobredose de fotografía.

Este ano, ademáis, propoñen obradoiros específicos con tres fotógrafos (JAVIER VALLHONRAT, JOSÉ MANUEL NAVIA, e JUAN MANUEL CASTRO PRIETO) con prazas limitadas a 20 persoas. Ademáis estarán as proxeccións, as palestras e os pequenos workshops coma xa ven sendo tradicional nesta cita.

Para mirar o programa entra na súa páxina, onde tamén podes inscribirte, canto antes, mellor, que as prazas voan!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *