A Galería Baró de Brasil comeza a colaborar co Outono Fotográfico
O espazo multisala de São Paulo enviará este ano unha exposición ao Outono Fotográfico. Esta colaboración é froito do intercambio que este ano inicia o festival galego da fotografía co Brasil.
A Galería Baró, un espacio de certa relevancia na que se está a converter na capital da arte contemporánea mundial, trae á programación deste ano do Outono Fotográfico unha exposición dunha das artistas coas que traballa.
A colaboración, establecida na viaxe que o Outono fixo ao país tropical, alongaráse a vindeiras edicións tratando de traer artistas brasileiros aquí, así como levar propostas fotográficas ao Brasil.
Adriano Casanova, principal curador da galería, asegurou que “o Outono Fotográfico é un produto moi potente que supera a moitos festivais que a pesares de ter unha sona internacional teñen unha programación ben pobre”, co que “a Galería Baró vai establecer vínculos con Galiza a través do festival de fotografía galega”.