A Fotogalería Imã, unha nova sala para o OF

O festival galego de fotografía acada un novo espazo expositivo logo da reunión mantida na galería fotográfica de São Paulo.

 

Galería Imã coa exposición de Walter Firmo

Imã, un espazo dedicado á fotografía emprazado en Vila Madalena, o barrio alternativo da metrópole brasileira, comeza unha colaboración co Outono Fotográfico na que non só colocará aos seus artistas nas salas galegas, senón que colgará pezas galegas nas súas paredes.

Neste 30 aniversario do Outono Fotográfico, realizarase unha exposición simultánea en Galiza e en Brasil. Os detalles desta mostra están a piques de ser publicados na programación.

O director da sala, Egberto Nogueira, di sentirse “orgulloso de colaborar cun festival desta envergadura” e asegura que “un festival coma o que tedes en Galiza é único no mundo, por tradición, por tamaño e polo seu carácter social”.

Montaxe da mostra que Imã levou ao Paraty em Foco

Para a vindeira edición do 2013, o OF contará cunha sala nova no centro do barrio da arte de São Paulo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *