A Casa Museo María Pita mostra as amnesias de Alicia Seoane
A exposición fotográfica exporase no museo coruñés do 2 ao 30 de novembro.
Fragmentos de amnesia é un traballo que trata sobre a memoria e o olvido. Imaxes que son instantes que se esquecerían se non fosen fotografados. Aparentemente non sucede nada relevante, en realidade sucede o tempo, e a propia vida.
Alicia Seoane é de Ferrol, descubriu a fotografía cando de nena retrataba o seu corpo sen saber que estaba descubríndose a través da imaxe. Despois de estudar xornalismo, decidiu dedicarse por completo á súa paixón, a fotografía. Actualmente traballa de fotógrafa freelance, e imparte obradoiros fotográficos.