XV SEMANA AUDIOVISUAL DO CLUBE ALPINO OURENSÁN

26, 27, 28 e 29 de novembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Organiza Clube Alpino Ourensán co patrocionio especial da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Estebán.


Martes 26 de novembro as 20:30 h.
Amañece sobre seracs. Alpinismo no macizo de Ecrins. Por Ernesto Fernández, Alfonso González e Víctor Barro.
Esta non é máis que unha historia de montaña e de montañeiros. No escenario prestado do parque nacional francés de “Ecrins”, un verán como calquera outro. Unha historia de compañeirismo, de solidariedade e de superación. Tamén se cadra de ecoloxía e de reivindicación, unha experiencia na procura de respostas ás preguntas de sempre: Por que o frío ou a fame? Por que soportar o cansazo? Para que subir alí arriba? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas? Por que asumir os riscos de pendurarse dun fío no baleiro? Que hai nas cristas e nas cimas nas que buscamos o límite?

Mércores 27 de novembro as 20:30 h.
O mundo en bicicleta por Andoni Rodelgo, Alice Goffart, Maia Rodelgo e Unai Rodelgo.
Andoni e Alice empezaron a pedalear polo mundo no 2004. Até a data de hoxe, teñen percorrido 75.000 km polos 5 continentes e en total 55 países. Perante o seu traxecto polo mundo tiveron dous fillos; Maia, nada en Bélxica no 2007 e Unai que naceu en Bolivia no 2011. Este audiovisual  conta o seu modo de vida e as vivencias de viaxar con dous rapaces polo mundo en bicicleta.

Xoves 28 de novembro as 20:30 h.
Máis aló do Sifón dós Piratas (-1.222 m). 10 anos de exploracións en México por Kasia Biernacka.
Van xa 13 anos dende aquel voo ao sur de México xunto ao meu noivo Marcin, 200 metros de corda e unhas gañas tremendas de descubrir o México menos coñecido: o soterrado. Por casualidade atopamos a un grupo de espeleólogos traballando nunha das covas máis profunda do hemisferio oeste, o Sistema Cheve (-1.484 m). Así comezou a nosa aventura subterránea. Unha aventura chea de esforzo, paixón, amizade, encontros e despedidas. Viaxes polo México profundo descubrindo a súa xente, a súa cultura, o seu mundo natural e por suposto as súas covas.

Venres 29 de novembro as 20:30 h.
1ª Travesía Integral ás 3 Torres del Paine (Skyline) por Pedro Cifuentes.
Neste documental o autor mostraranos as vivencias, anécdotas e contratempos, durante 29 días que estivo colgado na parede en solitario. Era a terceira vez que o intentaba, nas outras dúas o mal tempo patagónico obrigouno a baixarse, unha delas con serias conxelacións, malia todo para el era un reto e quixo intentalo unha vez máis. Un dos problemas máis serios aos que se enfrontou foron as duras condicións climatolóxicas que imperan na Patagonia, fortes ventos, frío intenso, chuvia e neve. E cando chegou á terceira e última cima da Torre Sur creu que todo xa terminara, pero non era así, ao baixar sufriría grandes desprendementos que a punto estiveron de custarlle a vida.

Share on FacebookTweet about this on Twitter