Xosé Teiga SEN CANON

BARCELONA, Espai 30, do 20 de novembro ao 31 de decembro.

xoseteiga

Mentira | Verdade 1

O obxectivo desta serie é atacar o canon de beleza imposto ás mulleres polos mass media, as marcas, a publicidade, a moda e a beleza en xeral. Creáronse unha serie de pezas plásticas concibidas coa propia linguaxe publicitaria, para criticar as mensaxes lanzadas habitualmente desde as marcas e os medios de comunicación, que someten a muller a unha escravitude estética constante, frustrándoa cada día máis.

 

Xosé Teiga Pontevedra
Xosé Teiga estuda a especialidade de Vídeo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e deseño na ESAD especializándose en gráfica publicitaria. Máis tarde realiza un postgraduado de especialización no Instituto Europeo di Design e un máster en redacción publicitaria no Creative Institute de Madrid. Complementou a súa formación con workshops en fotografía e arte con mestres como Ariadna Rinaldo, Isabel Muñoz, Daniel Canogar, Xavier Ribas, Stefan Ruiz, Christian Boltanski, Tony Crag, etc. e clases mestras con Oliviero Toscani, Paul Graham, Antoine D’agata, Karen Knorr, Angel Marcos, Neil Stuart, Eugenio Recuenco, Nadav Kander, etc. Participou en numerosas exposicións internacionais como ARCO, Art Cologne, Art Turín, Expo Sevilla… e gañou diferentes bolsas: Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Bolsas de creación artística da Deputación de A Coruña, Beca Canon Lab en el Mide.

Share on FacebookTweet about this on Twitter