RIBADAVIA, Igrexa da Madalena, do 15 de novembro ao 15 de decembro.
Figura 2
Os restos do que nos nutre e que serviu para conmemorar a festa, o animal que foi criado e sacrificado na casa familiar para a celebración, permítennos co paso do tempo enfrontarnos agora ao cotián; a imaxe que, como unha vanitas, fainos lembrar o noso decaemento e ser perecedoiro. Esta é a proposta: no andar diante das obras atopármonos con nós, o espectador que lle dá sentido e completa, de maneira necesaria, a obra, coa súa aparición nela, dentro dela, reflectido, tal vez tomando conciencia inevitable do paso do tempo (sempre tan fugaz).
Xabier Fernández
Xabier Fernández
Vigo 1964
Exposicións
Sección oficial Outono Fotográfico (2012)
Animais, exposición colectiva. Cambados (2011)
Exposición colectiva na Galería Visual Labora, Vigo (1997)
V e VI Certame de Pintura Ademar, Vigo (1994-1995)
Salón de Arte Xove de Ourense (1994)
I e II Premio de Pintura José Malvar (1994-1995)
Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1993)