Víctor Barro PARQUE NACIONAL DE ECRINS, DONDE AMANECE SOBRE SERACS

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Sociocultural das Fontiñas, do 9 ao 30 de decembro.

victorbarro

Esta non é máis ca unha historia de montaña e de montañeiros. No escenario prestado do parque nacional francés de “Ecrins”, un verán como calquera outro.
Unha historia de compañerismo, de solidariedade e de superación. Tamén se cadra de ecoloxía e de reivindicación, unha experiencia na procura de respostas ás preguntas de sempre:
 Por que o frío ou a fame ? Por que soportar o cansazo? Para que subir alí arriba? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas? Por que asumir os riscos de pendurarse dun fío no baleiro? Que hai nas crestas e nas cimas nas que buscamos o límite ?
«Amanece sobre seracs» é un proxecto de divulgación dos deportes de montaña e escalada. Pero tamén quere ser un medio para amosar o fráxil equilibrio natural que estamos a romper co cambio climático.  En particular debido á actividade humana nas zonas máis opulentas do planeta.
 Viaxamos ao longo do verán de 2013 ao parque nacional de Ecrins, nos Alpes Franceses, coa intención de dar a coñecer unha das zonas de montaña mellor conservada e máis descoñecida de Europa. Alí escalamos e acadamos algunhas das cimas máis senlleiras coa intención de achegar á poboación os valores de compañerismo, superación e solidariedade que envolven a montaña. E igualmente, ser testemuñas de primeira man da situación límite na que se atopan os glaciares dos Alpes, como un dos principais indicadores da necesidade urxente de esixir «xustiza climática».

 

Victor Barro
Fribourg, Suíza 1978
Víctor Barro fotografa utilizando o pseudónimo de FOTOSconLETRA para ofrecer 
imaxes realistas e intensas, que transmiten a forma de vida de persoas 
comprometidas, que dan todo por aquilo que cren que vale a pena. Imaxes ao límite 
tomadas en calquera situación e en calquera lugar do planeta.
Realiza imaxes cheas de emoción e mensaxe. Denunciando agresións ao 
ambiente e aos dereitos humanos. Mostrando persoas que persiguen os seus soños. 

É autor de varias exposicións sobre Alpinismo e colabora con revistas e publicacións especializadas. 

Alpinista, escalador e militante ecoloxista: comprometido co que fai.

Share on FacebookTweet about this on Twitter