SANDIÁS. Taberna cultural A corte dos bois, do 5 ao 30 de novembro.
O TREN SI, MAIS NON ASÍ – VÍAS ESQUECIDAS
Un traballo colectivo de varios/as fotógrafos/as que nos mostran nas súas imaxes os custes do chamado progreso coa chegada a Galicia do tren de alta velocidade (AVE), as terribles desfeitas medioambientais, a destrución de paraxes milenarios, os abusos á cidadanía do rural e, como non, a incomunicación de moitos lugares coa desaparición das vellas vías e o peche de múltiples estacións.