SANTIAGO DE COMPOSTELA. Casa das Asociacións de Cornes, do 4 ao 30 de novembro.
Curador: Ángel Cordero Gómez
Pablo Santiago
Percepción e reflexións persoais arredor da cor vermella. Sinais, formas, reflexos, ráfagas, ideas, … Pegadas fugaces dunha cor rechamante, evidente e misteriosa.
Carolina Lorenzo
A Coruña 1972
Logo de editar moitas imaxes doutros, no 2011 comeza o seu percorrido fotográfico na Escola de Imaxe e Son coruñesa. No 2012 realiza dúas exposicións colectivas e unha individual.
Pablo Santiago
Pontedeume 1989
Despois de formarse na realización e na imaxe audiovisual, sente a necesidade de aprender o que é a fotografía máis alá da técnica, e sobre todo, a como transmitir unha idea cunha imaxe.
Antón Varela
A Coruña 1981
Antón Varela é un fotógrafo de Caión (A Coruña). Leva os últimos 12 anos formándose e traballando en diversos eidos da imaxe, o audiovisual e o deseño. Nos últimos tempos dedícase principalmente ao deseño gráfico.
Lupe Vázquez
A Coruña 1978
O seu interese pola arte, arquitectura e deseño gráfico lévana cara a fotografía, estudándoa na Escola de Imaxe e Son coruñesa. Obtivo premios e participou en varias mostras colectivas e individuais tanto de fotografía como doutras disciplinas.
Paola Velo Fernández
Rotterdam 1979
Durante os seus anos de estudante de Enxeñaría Industrial descobre case por accidente o seu interese pola fotografía; realiza os estudos de Técnico de Laboratorio de Imaxe no IES Virxe do Mar de Noia. Dende o ano 2010 traballa en Telvent como retocadora dixital para a web de Zara. Integrante da Asociación Fotográfica Aula K, coa que se mergulla no mundo das exposicións.