Colectivo Cadelasverdes: Ana Amado, Marta Marcos e Luz Paz SPANISH DREAM

O CARBALLIÑO. Casino, do 4 ao 30 de novembro.

spanishdream-horadelcafe

Hora del café. 2011

Reflexión crítica sobre a crise económica e as súas consecuencias. En España, en particular, esta circunstancia viuse acentuada pola famosa burbulla inmobiliaria. A idea fai referencia ao American Dream como símbolo do que ansía todo o país, o obxectivo final que hai que alcanzar na vida: ter unha vivenda en propiedade. Este desexo lexitimou un modelo social baseado na produción indiscriminada e amparado pola especulación bancaria. O soño fíxose anacos e, como herdanza, temos un territorio infestado por obras que quedaron sen rematar, ruínas prematuras que xa forman parte da nosa paisaxe. Alude ao emocional, recreando escenas familiares en obras sen rematar. O aspecto pouco doméstico dos espazos contrasta coa normalidade das escenas cotiás provocando a reflexión sobre unha sociedade que, arrastrada polo afán de se converter en propietaria, esqueceu o verdadeiro sentido do habitar.

COLECTIVO ARTÍSTICO CADELASVERDES:

Ana Amado
Arquitecta pola ETSAC Coruña, postgrao en Ilustración Creativa e Técnicas de Expresión Gráfica (Escola de Arte e Deseño EINA), Barcelona. Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas, Máster en fotografía Lens, Madrid. É asistente do fotógrafo Marc Steinmetz en Estados Unidos.

Marta Marcos
Arquitecta, especialidade de Urbanismo pola ETS de Arquitectura de A Coruña. Máster de rehabilitación e Renovación Urbana da Universidade de Santiago de Compostela e Máster de especialización en construción con madeira, Wood Program, Aalto University de Helsinki. Ao longo da súa traxectoria profesional colaborou en diferentes estudios de arquitectura. Exerce como profesional independente.

Luz Paz
Doutora arquitecta pola ETSAC A Coruña, Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC. Dende o ano 2003 desenvolve traballos no ámbito da arquitectura, o urbanismo e a curadoría de exposicións. É profesora na ETSAC e está realizando investigación posdoutoral na Barlett School of Architc, Londres.

Share on FacebookTweet about this on Twitter