Sara Antepazos, Natalia Figueiras e Miguel Rodfer 500 MOIOS DE VIÑO

SEIXALBO. Asociación Cultural Agromadas, 16, 17, 23 e 24 de novembro.

Conferencia “Valor histórico e sentimental da fotografía de retrato” a cargo de Natalia Figueiras e proxección do audiovisual “500 moios de viño”:
•    Sábado 16 ás 20:30 h.

Exposición Fotografica “500 moios de viño”:
•    Domingo 17 de 11:00 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 h.
•    Sábado 23 de de 19:00 a 21:00 h.
•    Domingo 24 de 11:00 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 h.

500moios-saraantepazo

S/t, Sara Antepazo

O día 29 de xuño de 2013 os veciños de Seixalbo en Ourense, a través da Asociación Cultural Agromadas, celebran a súa inimitable “Festa de extinción dos Foros”. Dende unha perspectiva próxima e integrada quíxose documentar fotograficamente a experiencia de ser partícipe e descubrir como un pobo viste e lembra, a través dunha emotiva reconstrución teatral, un pasado concreto. En 1859 Seixalbo quedaba liberado do pago de 500 moios de viño ao cabido e bispo da cidade. Esta loita e consecuente final de duras relacións feudais ponse de manifesto agora nesta celebración, diante dun pobo unido e satisfeito ao construír coas súas propias ideas.
A observación, a admiración e a implicación foron os ingredientes necesarios para narrar as emocións sentidas en primeira persoa, ao poder ser partícipe desta experiencia.

 

Sara Antepazos
Vigo 1981
Técnico Superior en Fotografía Artística EASD Antonio Faílde, Ourense e “Fotografía de Moda” Ben Bright e Manuel Becerra. Escola de Fotografía Espai d’Art Fotogràfic de Valencia. Actualmente estuda Belas Artes.

Natalia Figueiras
Ourense 1976
Docente, Investigadora e fotógrafa, dende 2001 en entidades públicas e privadas. Licenciada en Historia da Arte. Especialista Universitaria en Conservación de Patrimonio Histórico Artístico e Técnico Superior en Fotografía Artística.

Miguel Rodfer
Ourense 1987
Técnico Superior en Fotografía Artística EASD Antonio Faílde, bolsado en estudos fotográficos para Etiopía EASD Antonio Faílde e prácticas profesionais en Nolatípicafoto, Ourense.

Share on FacebookTweet about this on Twitter