Santiago Bas GARRANOS: OS CABALOS SALVAXES DE GALICIA

PONTEVEDRA. Casino Mercantil, do 7 ao 13 de outubro.

santiagobas

Maternidade

A exposición recolle unha parte importante da vida no monte dos garranos, os cabalos salvaxes de Galicia, desde que nace o poldro ata a vellez. Poldros, poldros quincenos (12 a 18 meses), adultos e vellos. A selección natural polos lobos e outros factores ambientais, como a dureza do pasto e o territorio boscoso e abrupto, tamén cobran importancia na exposición.
A dureza da selección natural mantén os caracteres primitivos, rústicos destes animais: de peito estreito, panzudos, pero non gordos; robustos e paticurtos, pero áxiles. Sobreviven os que se adaptan. Conservan os caracteres de hai 20.000 anos, aqueles que estaban representados nas covas de Altamira, Lascaux, Tito Bustillo etc. Os caracteres que aparecen de novo no monumento da Praza de España en Vigo. Os caracteres que seguen a deixarnos admirados.

 

Santiago Bas
Vigo 1954
Biólogo especializado en anfibios. Tese sobre píntegas (Salamandra salamandra) do noroeste ibérico en 1985. Profesor de ensino secundario dende 1986. Estudos de campo sobre mamíferos grandes (mastozooloxía) dende 1993. En concreto, vídeos e artigos científicos en prensa sobre Rebecos en Picos de Europa (1993 a 2008) e Relacións entre garranos e lobos en Pontevedra dende 2007. Besteiro, propietario de 9 garranos  dende 2008 e afeccionado ao vídeo e á fotografía de fauna salvaxe dende 1993.

Share on FacebookTweet about this on Twitter