Román Montesinos METÁFORAS VISUAIS

BARBADÁS. Casa da Cultura, do 4 ao 30 de novembro.

romanmontesinos

El tiempo germinal

Colección fotográfica baseada en metáforas sobre obxectos ou sobre persoas. Expresan sentimentos, continxencias e relacións entre elementos e, ademais, cada fotografía pode posuír varios planos inmersos e expresar realidades subxectivas a cada espectador. Moitas das fotografías non están exentas dunha crítica social e/ou de ironía.

 

Román Montesinos
A Coruña 1952
Nacín na Coruña, na cidade vella, unha tarde brumosa de finais de agosto, de alá, polo “52”. Comecei a miña andadura fotográfica a finais dos anos 60. Xeólogo, especializado en Paleontoloxía, actualmente son profesor na Universidade de A Coruña. Vincularon a miña obra fotográfica coa fotografía metafórica: matáforas visuais – «poesía visual», aínda que o uso deste último concepto o encontre abondo inexacto e ambiguo. Semanticamente «poesía visual» é un concepto o bastante amplo como para que unha paisaxe poida ser poética sendo visual ao mesmo tempo. As metáforas créanse e/ou indúcense e, por iso, considero máis acertado o uso deste outro concepto.

Share on FacebookTweet about this on Twitter