Pascual Martínez LEVITAR SOBRE EL DOLOR

FERROL, Galería Sargadelos, do 1 ao 30 de novembro.

Curadora: Carolina Martínez.

pascualmartinez

Levitar sobre el dolor 1

Unha infancia chea de lembranzas claroscuras e sen sabores son o punto de partida deste traballo. Un xogo de espellos morais onde a representación do lugar é insuficiente, por iso considérase o traballo como a necesidade do real máis aló da imaxe.
Unha especie de baleiro estático, un estar en branco especial, espazos libres, onde poder reflexionar, pensar ou sentir.
A fotografía sen expresión é unha reacción á fotografía documental. É case unha especie de ximnasia deportiva e intelectual na que os fotógrafos esculpimos os temas e compomos as imaxes para captar o xesto revelador, o tema á altura da acción. En realidade é un estado mental moi activo, un estado mental moi receptivo, listo para que en calquera momento poida atrapar unha imaxe. Aínda que a autobiografía esixe un relato, e para a construción desta narración servinme de imaxes morosamente construídas entorno á idea da evocación, que derivan a unha levitación, unha liberación sobre a dor, porque de nada serve languidecer vivindo tras dunhas cortinas ou cristais afumados, non é san. Porque se ver a pleno día significa o contaxio da loucura, desexaba esta loucura.

 

Pascual Martínez
Murcia 1977
Dende 2007 utilizo a fotografía como medio para transmitir e representar novas realidades e como ferramenta para lanzar interrogantes sobre a existencia do ser humano. A maior capacidade que ten a fotografía é a de ser capaz de construír realidades, construír outros mundos. Sendo un medio moi creativo e moi complexo conceptualmente, pola relación que mantén coa realidade.
A medio camiño entre a documentación e a mirada máis íntima, entre-mesturado coa intrahistoria, na miña obra exploro territorios persoais, onde conflúen as fronteiras da realidade e a ficción, unha ficción comprensible, coñecida e á vez estraña. Intentando explorar a presenza da ausencia, a pegada, e o signo do ser humano, como área de crecemento desprovista de identidade propia.
Despois de anos de estudo, traballo e exploración, en 2010 gaño o Certame Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura e a bolsa “El Invernadero” para a elaboración de proxectos fotográficos. E a partir de aí recibo varios recoñecementos en certames fotográficos como o Festival Emergent de Fotografía e Artes de Lleida, Purificación García, PhotoEspaña, Fotoactitud 2011, XI e XII Premio de Artes Pásticas da Universidade de Murcia, ademais de dúas bolsas de formación da Universidade Menéndez Pelayo.

Share on FacebookTweet about this on Twitter