Pablo Mª García Llamas ANO

VIGO. Expo Galería Arte_K3, do 5 ao 28 de decembro.

 pablomgarcia

ARRIBA ESAS PORRAS

Proxección-instalación-festa-mala saña-ironía, todo é fotografía dirixida tanto a miradas intelixentes como estúpidas.

 

Pablo Mª García Llamas
Madrid 1963
Nado na Vía Lactea, é ciudadán de Lavapiés e Yakarta por motivos diversos e marabillosos. Aos 12 anos, tres meses e un día viu unha imaxe de Julia Margaret Cameron titulada «Carlyle like a rough block of Michael Angelo’s sculpture»; nunca vira nada tan fermoso e siguiu intentando facer algunha fotografía que se aproximase á emoción que sintiu ao ver esa imaxe. Según foi crecendo e engordando descubriu espazos marabillosos para gozar como son: os paseos marítimos, estacións de autobuses, cuartos de baño dos bares, museos de escultura, centros de traballo infantil, cemiterios, garaxes, aparcamentos, encrucilladas de estradas, ascensores, gasoliñeiras.
O seu traballo fotográfico abarca varios motivos como son os sepulcros, amigas vestidas, amigas espidas, suxetadores, cemiterios de animais, series de televisión, obras de teatro, etc.

Share on FacebookTweet about this on Twitter