Espazo onde a fotografía adquire o seu significado máis lúdico e sen máis límite que o pracer das/os fotógrafas/os de fotografar; é o núcleo que perpetúa o enfoque esencial do Festival creado por Benito Losada: os espazos expositivos organízanse nun continuo territorial no que cada exposición individual potencia e multiplica a repercusión de todas as demais. Esta característica posibilita que cobre a mesma relevancia expor na casa dun concello, no local dun garaxe recuperado, nunha igrexa, nun paseo á beira dun río, na sala dun museo ou nunha sala de arte.

 

 

Share on FacebookTweet about this on Twitter