Natasha Lelenco PĂSMÂNTEŞTI (DAS TERRAS)

BARCELONA. Sala Mitte, do 30 de outubro ao 29 de novembro.

natashalelenco

Pământeşti (das terras)

Xogo cos corpos para lles buscar outras formas de materia. Atopo terras sobre as que interveño pintando, borrando, lavando, volvendo pintar. Logo doulle a volta, repíntoas dixitalmente. A fotografía final é un lenzo no que un lenzo sostén a imaxe e compón un mundo novo. Miro o resultado e atopo terras novas. Quero pensar que nelas hai partes de min e do azar, como na vida. Pământeşti (das terras).

 

Natasha Lelenco
Moldavia 1982
Moldava de nacemento e dende hai uns anos galega de adopción, formoume a vida e axudou a Facultade de Artes de Oradea, Rumanía. Funme buscando e atopando no deseño de roupa, a ilustración, a pintura, o bodypainting, a videoarte, o vjing e a fotografía. Con iso consigo sobrevivir e ser feliz, que non é pouco.

Share on FacebookTweet about this on Twitter