Víctor Barro, Ernesto Fernández e Lucas Rodríguez ALPINISMO E ESCALADA NO MACIZO DO MONT BLANC

MASIDE. Casa do Concello, do 4 ao 30 de novembro.

Curador: Víctor Barro

alpinismo

Anochece sobre el valle blanco, Lucas Rodriguez

Este é un traballo de divulgación que pretende achegar ao público os deportes de aventura na natureza. Invitando ás-aos galegas-os a practicalos e achegando o espírito de superación e compañeirismo que os envolve.
Este traballo realizouse na expedición aos Alpes franceses levada a cabo por tres escaladores galegos durante o verán de 2012: Ernesto Fernández, Lucas Rodríguez e Víctor Barro.
Quere ser un percorrido por algunhas das actividades de escalada, clásica e deportiva, así como de alpinismo máis senlleiras. Dende a ascención ao “Grand Capucin” pola vía dos suízos ou a arista de “Cosmiques” até a escalada deportiva nas “Aiguilles Rouges” ou a via ferrada do “Plateau d’Assy”, todas elas situadas nun espazo único e incomparable no mundo: o macizo do Mont Blanc.

 

Víctor Barro
Frigourg 1978
É fotógrafo especializado en deportes de montaña e escalada. Alpinista e membro do Club Alpino Ourensán.

Ernesto Fernández
Ourense 1974
É escalador e alpinista, afeccionado á fotografía e membro do Club Alpino Ourensán.

Lucas Rodríguez
Ourense 1994
Os tres autores son escaladores e membros do Club Alpino Manzaneda e da federación galega de montaña. Lucas Rodríguez gañou o premio do concurso fotográfico do CAM 2011.

Share on FacebookTweet about this on Twitter