Mónica Alonso, Cristina Brea, Raquel Calviño, Jose Chazo, Luis Díaz, Nena Diamon, Rafa Fariñas, Nuria Figueiredo, Xabier Fernández, Ana Fresco, Gonzalo García Matalobos, Sandra González Oubiña, Santi Gavín, Rita Ibaretxe, Mónica Irago, Gonzalo Matalobos, Marcos Míguez, Rosa Neutro, Alejandro Novoa, Elisa Pereira, Chou Pequeira, Jose Pérez Moldes, Paula Pez, Carlos Puga, Santiago R. Gavín, Ana Rello, Rubén Rodríguez, Xaquín Rosales, Alicia Seoane, Alba Sotelo, Alicia Valiño, Ramón Vaquero e Miguel Vidal MÓBIL_FOTO_CREA

CAMBADOS, Pazo de Torrado, do 8 de novembro ao 7 de xaneiro.

Curadores: Lomasmínimo (Carlos Puga e Xaquín Rosales).

mobil-alejandronovoa

El círculo, Alejandro Novoa

Algúns dos artistas participantes en Móbil_Foto_Crea, pertencen a xeneracións diferentes e con todo, todos eles coinciden no uso do teléfono móbil como ferramenta para o desenvolvemento da súa creatividade.
Aquela discusión paradigmática que falaba das vantaxes da fotografía analóxica e a súa sucesora, a fotografía  dixital e do paso do gran ao píxel vai quedando relegada. O conxunto do que se entende por fotografía ampliouse nestes últimos anos en canto a soportes, pero mantense polo que respecta ao concepto. A copia en branco e negro colgada nunha exposición, a reprodución a cor nun libro, a imaxe que se transmite por teléfono móbil ou a que aparece na pantalla do ordenador son exemplos dunha mesma realidade. A fotografía, sexa cal for o soporte no que se mostra, aos ollos do observador é un continuo de tons de cor e niveis de brillo.
A tecnoloxía dixital non modifica a esencia do fotografado, senón que aporta novas ferramentas máis eficaces, rápidas, ecolóxicas ou económicas para a xeración, procesamento, circulación e consumo das fotografías. É dicir, non produce ningunha transformación estructural a nivel da creación, a circulación ou a recepción das fotografías, senón que simplemente aporta unha ferramenta máis eficaz, para facer as mesmas tarefas que antes.
As páxinas web, os blogs, e sobre todo as redes sociais, convértense nos novos vehículos de presentación dos artistas visuais e a camara do teléfono xoga un papel fundamental.
Neste século, a cultura tórnase hipertextual. Conectividade, dixitalidade, multimedialidade, multisecuencialidade, interactividade, dinamismo, apertura, accesibilidade, e estrutura en rede son as características das novas formas de expresión artística e cultural.
A diferenza do que sucedía cos medios de divulgación convencionais, (revistas, libros, diarios, exposicións) hoxe en día calquera persoa con acceso a internet pode crear o seu propio espazo para levar adiante o fin que se propoña difundir. A isto faise referencia cando se fala de historias dixitais, as cales inclúen textos que tenden a ser non-liñais e interactivos, fomentando a participación e o compromiso do usuario. Estas historias dixitais presentan unha estreita relación coas creacións hipertextuais.
Esta exposición pretende mostrar o traballo de moitos artistas dende esta realidade, aínda que botando man dun formato clásico en canto a medio (a exposición), misturado coa nova ferramenta, o teléfono móbil.

 

Cristina Brea Lodeiro
Vigo 1973
Iníciase na fotografía a partir da súa marcha a Londres en 1995. 2º premio do Fotomaratón Concello de Vigo 1998 e accésit 1999. Fotografías dos dous primeiros discos de Xosé Manuel Budiño Arredor e Paralaia. Fotografías do segundo disco Trastempo da orquestra folc SondeSeu 2007. Fotografías e deseño de Na flor dos meus anos de Señora Carmen. Deseño e fotografías de Soños e Delirios, primeiro disco de Lucía Martínez, 2008. Lizgair Fotografías e Deseño 2008. Cordas Verbas de Ludavai, parte das fotografías e debuxos. Portada de Bieito dubidoso de Roque Cameselle, Xerais. Portada de Unha Espía no reino de Galicia de Manuel Rivas, Xerais, 2004. Fotografías da exposición «Ceibes no Monte» do IES Terra de Turonio. Fotografías do libro/disco de Aid Rapoemas.

Raquel Calviño
1970
Son Raquel Calviño; @Raquelcalvino nas redes sociais fotográficas; apaixoada da fotografía dende que teño uso de razón. Retomei o contacto con esta disciplina en novembro de 2011, coincidindo co meu inicio en “Instagram”.
A través desta disciplina atopei o medio perfecto para expresar e desenvolver o meu mundo interior, en constante proceso de búsqueda e aprendizaxe.

José Chazo Vega
Vilanova de Arousa 1990
Cursa no Instituto Arcebispo Xelmírez o título de Técnico en Laboratorio e Imaxe, entre os anos 2008 e 2009, e posteriormente trasládase a Ourense para realizar o de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño, coa especialidade en Fotografía Artística, na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, finalizando en 2011. De maneira paralela realiza proxectos profesionais exercendo tarefas de coordinador e reporteiro gráfico para Troulada.com e Yahorake.com, fotografía de estudio, edición gráfica e optimización para web en Sociedad Textil Lonia SA, fotografía de prensa e eventos para a Axencia Galega de Noticias (AGN) e reportaxe social e retrato para particulares, durante os anos 2008 a 2012.

Luis Díaz Díaz
A Coruña 1978
Luis Díaz Díaz é un fotógrafo basado na Costa Oeste.

Nena Diamon
Caracas 1984
Comunicadora audiovisual. Formada en México en AAVI, especialidade novo documental. Finalista no primeiro concurso “Belleza y Biodiversidad de México”, revista National Geographic en español e Fujifilm 2009. En 2012 participa na Masterclass ditada por Simon Norfolk no Museo MACUF.

Rafael Fariñas Aboy
Pontevedra 1964
Fotógrafo de prensa, de formación autodidacta. Traballando no Diario de Pontevedra dende o ano 1995. Actualmente ven desempeñando o cargo de xefe de fotografía.

Nuria Figueiredo
Ourense 1986
Estudei Belas Artes en Pontevedra e Bilbao, cando acabei os estudos en 2010 instaleime en Tui e alí montei o meu estudio, La Fabriqueria, un lugar que se abre ao público para realizar numerosas actividades culturais.
O meu traballo artístico é multidisciplinar, fotografía, pintura, escultura, ilustración…
Actualmente estudo banda deseñada no Garaxe Hermético, Pontevedra. Pepaloba obxectos de autor é o meu último proxecto.

Ana Fresco
Vigo 1973
Viguesa. Profesora de Lingua e Literatura Castelá.

Gonzalo García Matalobos
A Estrada 1972
Autodidacta. Colaboracións co Correo Gallego. Traballei na delegación de Deza do Faro de Vigo no ano 2000 e dende o 2001 até a actualidade no Diario de Pontevedra como Redactor Gráfico.

Sandra González Oubiña
Caldas de Reis 1984
Finaliza no 2010 o Curso Profissional de Fotografia impartido polo IPF do Porto, realizando as prácticas no MT Sudio, dedicado á fotografia industrial, e no que colobarou durante un ano.
Neste período de tempo tamén realizou algunhas colaboracións puntuais para as revistas do grupo PM Media.
Actualmente continua a súa formación asistindo a diversos talleres. Algúns deles foron: Xogando ca fotografía de Carlos Puga, Fotografiar el paisaje social de Jose Romay, Argonauta de Eutropio Rodríguez ou Detrás de la cámara de Óscar Molina.

Rita Ibarretxe Garza
Ourense 1970
O meu primeiro contacto coa fotografía comeza nos anos 90 asistindo a cursos, participando en pequenas exposicións individuais e sobre todo colectivas, impartindo clases e publicando nalgúns medios, completando posteriormente a miña formación na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Actualmente son profesora de Historia da Arte e sigo ligada á fotografía, a través de produtivas charlas con amigos fotógrafos, e de diversos proxectos “por libre”, intentando conseguir con eles un estilo propio.

Juan Marcos Míguez Cortizo
Forcarei 1975
Realicei estudos de fotografía na escola de artes e oficios artísticos Mestre Mateo. Ao remate destes comecei a colaborar con diferentes xornais, máis tarde e dende o 2001 traballo para La voz de Galicia na edición local de Deza-Tabeirós Terra e montes.
Participei en diversas exposicións colectivas e en proxectos varios.

Rosa Neutro
Cangas do Morrazo 1979
Rosa Neutro é artista multidisciplinar e fotógrafa, licenciada en Belas Artes na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo. Nos derradeiros anos participou en diversas exposicións individuais e colectivas. Actualmente a fotografía é o punto central da súa obra; o seu carácter inmediato e o seu uso popular convértena no vehículo idóneo co que a artista explora o cotián, buscando asociacións inesperadas e o novo na proximidade. Na súa obra son conceptos constantes o portátil, o movemento, o efémero, o cotián, o procesual, a nada e mais o azar. Na súa produción artística cabe destacar un interese constante por desenvolver unha obra versátil e sen etiquetas na que diferentes disciplinas artísticas son abordadas atendendo ás necesidades de cada proxecto e nos que o medio fotográfico está sempre presente.

Alejandro Nóvoa Domínguez
Montevideo 1975
Desenvolve a súa actividade profesional no campo da fotografía, o deseño e a docencia. Cofundador de Imagen a2 – fotografía & diseño, xunto a Alicia Valiño, desenvolve proxectos de comunicación visual no campo da fotografía, deseño gráfico e web. A súa última aposta pola fotografía de calidade foi a cofundación, xunto a Xabier Fernández e Carlos Puga, de “copias de autor – Xestión integral de proxectos fotográficos”, dende a xestión da cor até a produción de exposicións. Na mesma época crea, xunto a Roberto Alonso, Lightbox, un centro de ensino centrado na formación no campo da fotografía con sede en Vigo.

Elisa Pereira
Ourense 1970
Estuda Imaxe e Son, Realización Audiovisual. Asiste a diferentes cursos e talleres. Inicia o seu labor como fotógrafa para axencias e medios de comunicación en 1993. En 2012 termina os seus estudos de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

José Pérez Moldes
Tui 1967
Afeccionado á fotografía e artes plásticas dende moi novo. Cando chegou ás miñas mans o i-phone 4s e comecei a experimentar coa cámara e as aplicacións, realmente se converteuse nunha verdadeira paixón. Carácter de inmediato, o cotián, pequenas e grandes historias que xurden no meu quefacer diario. Urbanita antes que paisaxista, busco nas cidades tamén situacións que nos falan de ausencias, de presenzas. A paisaxe urbana, a paisaxe humana, á luz dun día calqueira.

Paula Pez
Vigo 1981
Son bióloga e curiosa. Comezo a voar no mundo da imaxe por necesidade persoal, fascinada pola fotografía e a versatilidade da cámara de vídeo. Anos máis tarde tomo a decisión de formarme no campo da fotografía á vez que sigo experimentando co audiovisual… até hoxe que realizo traballos audiovisuais e fotográficos para Verve Creative Group, Ong’s…

Carlos Puga
Vigo 1967
Fotógrafo, editor, coordinador de talleres e comisario. Traballou en xornais e revistas nacionais, obtivo o premio “José Aurelio Carracedo” de periodismo de Galicia en 2001. Colaborou con editoriais galegas. Dende 2004 organiza e coordina os “talleres de fotografía Fotoxoguete” con fotógrafos como Óscar Molina, José Manuel Navia, Vari Caramés, Juan Pablo Moreiras, Eduardo Momeñe. En 2006 crea a editorial de fotografía Fotoxoguete, publica dúas coleccións: “Fragmentos” e “dezxquince”. Traballa no proxecto fotográfico “O Golfo de Fonseca” cunha exposición, audiovisual e libro. Comisaria e participa en varias exposicións; “polo Salnés con Ramón Cabanillas”, “Uxío Novoneyra, o Courel” e “animais”. En 2011 créase “a casa vella da fotografía”; funda xunto a Xabier Fernández e Alejandro Nóvoa, “Copias de autor”. En 2012 funda xunto a Xaquín Rosales «lo más mínimo». Imparte talleres de fotografía en diversos puntos de España.

Santiago R. Gavín
Riotorto 1973
De formación autodidacta, asistindo a talleres fotográficos impartidos por fotógrafos como Vari Caramés, Óscar Molina, José Manuel Navia e Eduardo Momeñe.
Inicio a miña andaina fotográfica coa participación no Outono Fotográfico do ano 2012.
pechar os ollos
esquecelo todo
comezar de novo

Ana Rello Fernández
Monforte de Lemos 1972
De formación autodidacta comecei a andadura na fotografía no ano 2010. Participei en diversas exposicións colectivas.
Traballos publicados en Carpaccio Magazine, Snoot e Amateurs Hotel.
Gañadora do concurso «Galicia, cómo la ves?». Finalista no concurso internacional «Universo en español 2012» e no «Premio internacional REVELA 2013».

Rubén Rodríguez de Torres
Vigo 1968
Formación fotográfica autodidacta. Asistencia a talleres: Xogando coa Fotografía, Museo das Palabras VERBUM (Vigo, 2010). Xogando coa fotografía, Fototeca (Tui, 2012). Argonauta, Espacio Neutro (Cangas, 2013). Publicacións: Catálogo VII Fotobienal Vigo, 1996. Rutas para fotografar a natureza. Catálogo O Feito fotográfico, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Exposicións: diversas exposicións no Real Club Náutico de Vigo e na Agrupación Fotográfica Galega. Exposición colectiva «60 imaxes» co Colectivo fotográfico Zona V, Casa das Artes e da Historia, Vigom 1995. Bolsa fotográfica na «VII Fotobienal de Vigo» pola instalación Atravesando os corredores de Pedra, Vigo, 1996. O Feito fotográfico – A colección fotográfica do Concello de Vigo 1984-2000, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 2004.

Alicia Seoane
Ferrol 1982
A miña vinculación coa fotografía é dende o descubrimento persoal, aproxímome á fotografía como quen se mira dende unha ventá, dende este lugar xurden historias relacionadas coa memoria, o paso do tempo, ou a trascendencia.
Expoño o meu traballo en pequenas salas, e acostumo expresarme a través de libros. Actualmente traballo en Estudio abierto, un espazo en Ferrol onde se integran fotografía, deseño e arquitectura.

Alicia Valiño Cea
Vigo 1977, licenciada en Publicidade e RRPP, desenvolveu a súa actividade traballando e colaborando con empresas no ámbito do deseño gráfico e a fotografía. Ademais compaxinou o seu desenvolvemento profesional coa decencia.

Ramón Vaquero
Vigo 1966
Estuda enxeñería técnica industrial aínda que se dedica profesionalmente á fotografía dende os anos 90. Ademais dos seus traballos comerciais en publicidade, editorial, moda ou social, compaxina traballos máis persoais entre os que destacan varios premios internacionais, portadas e publicacións en revistas como Nikon Pro Europe, Photo France, Foto ou libros como One Eyeland Book (India), No Words – One Exposure (Suecia) ou Trierenberg Supercircuit (Austria) entre outros moitos. Participou en exposicións en países como Austria, Qatar, Brasil ou na exposición «Luz» no Niemeyer de Avilés, dirixida por Carlos Saura e Asier Mensuro.

Share on FacebookTweet about this on Twitter