Miguel Angel López Rodríguez SONS DO ENTROIDO

OURENSE. Edificio Facultades do Campus de Ourense, do 15 ao 30 de novembro.

miguelangellopez

O presente proxecto audiovisual persigue abordar non só o rexistro vívido da multiplicidade de imaxes asociadas ao entroido, senón tamén a súa deriva sonora, unha dimensión de suma importancia dentro do desenvolvemento múltiple que o ritual da celebración chega a desenvolver.
A evolución do ritual, como a do humor, lévanos dende o máis visceral, en que o significado se apodera dos participantes, cunha execución fundamental na performance, até formas nas que o modo en que se vehicula o significado implica unha conexión arbitraria entre un referente comunmente aceptado e o participante, é dicir, os disfraces. Aínda así, esta derradeira forma pode terminar conlevando a unha perda da participación, ao converter os participantes en espectadores, meros consumidores de entretemento. Esta última é, paradoxalmente, a forma máis senlleira en que a esencia do Entroido pode ser terxiversada, importando formas impostadas que eluden a natureza propia do orixe que a interacción busca transmitir. Iso, lamentablemente, sen que o público se percate do artificio, o que constitúe unha grande perda.

Proxección continuada das imaxes ao través dunha vella televisión, acompañadas dos sons típicos desta festa do Entroido.

 

Miguel Ángel López Rodríguez
1999-2000 UNESR/CTE (Venezuela) Creativo realizador audiovisual.
2003 EICTV (Cuba) Curso de dirección de fotografía cinematográfica.
2004 ESCAC (España) Master en dirección de fotografía cinematográfica
Desenvolvemento profesional
2004-2006 OFF Films (España) Realizador audiovisual
2006-2013 Reporteiro gráfico do xornal La Región

Share on FacebookTweet about this on Twitter