Mercedes Rancaño LUCES DA FESTA

MONFORTE DE LEMOS. Casa da Cultura, do 1 ao 14 de novembro.

mercedesrancano

As noites na feira son máxicas.
Fascínannos miles de luces en movemento e apárvannos estridentes reclamos, música, xente que ri…
A miña exposición quere recrear ese ambiente mirando todo o que brilla cos ollos ilusionados dos nenos, recollendo os cheiros de garrapiñadas e algodón de azucre.
Sabemos que nuns días todo desaparecerá: as luces apagaranse, os feirantes recollerán os seus trastes e todos volveremos ás nosas pequenas vidas… pero até entón…

 

Mercedes Rancaño
Lugo 1964
Licenciada en medicina, especialista en oftalmoloxía, realizou exposicións en cafés e librarías e fixo pequenas colaboracións en revistas. Ultimamente comezou a dedicarse á fotografía de forma profesional, colaborando con revistas como Traluz lukus e Eco revista do eixo atlántico, e realizou traballos como axendas, directorios, fotografía para web, catálogos, etc.
Exposicións: 2009: Molduarte, Cedeira; Raskeler, Vigo; Sala Uxío Novoneira, Lugo; Sala Juana Francés, Madrid; Liceo de Betanzos. 2010: INAP, Madrid; Espazo aberto da escola de negocios INGAFOR, Vigo. 2011: revista Extramundi, 800 aniversario da catedral de Santiago; Liceo de Betanzos; Outono Fotográfico, Ourense; Casa Habanera, Guitiriz. Imaxe cedida para o cupón da ONCE no centenario de Álvaro Cunqueiro. 2012: Casas da cultura de Sarria, Chantada, Monforte; Oficina de turismo de Ribadeo; Galería Termes, Vigo. 2013: Casa da cultura de Chantada.

Share on FacebookTweet about this on Twitter