Mar Catarina A LAGOA

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Sociocultural da Trisca, do 4 ao 30 de novembro.


marcatarina

A Lagoa

Como nun local estraño no que entras para respirar o que é case irrecoñecible, a leira da Lagoa é a presenza de alguén desaparecido, a morada duns avós que lembro, coa confusión da primeira infancia, entre vagas imaxes que volven agora para re-imaxinar a relación entre netas e avós. Volver significa reconstruír o espazo (tempo) e apropiarse del. Devolverlle a vida en min e procurar no silencio certas reminiscencias.

 

Mar Catarina
Vilagarcía de Arousa 1988
Licenciouse en 2011 en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, tendo estudado o último curso na Universitat Pompeu Fabra en Barcelona. En xullo de 2012 remata a Post-graduación en Fotografía, Proxecto e Arte Contemporánea en Lisboa. É autora, entre outros, dos proxectos fotográficos OUTRA (2007), Memoria (2010), Segunda pel (2011-2012) e A Lagoa (2011-2012). Participa en setembro de 2012 na exposición colectiva VERDE co seu traballo A Lagoa no Palacio Galveias de Lisboa. Tamén se dedica á performance e ao vídeo experimental. Forma parte do colectivo PRENOM, que traballa no campo do vídeo e do deseño.

Share on FacebookTweet about this on Twitter