Manuel Blanco Celta ‘Manolo Celta’ A MIÑA PEQUENA MERCERÍA

A CORUÑA. Casa Museo Casares Quiroga, do 5 ao 30 de novembro.

manolocelta

DEDAL

A miña pequena mercería é unha pequena homenaxe ao traballo desenvolvido durante máis de setenta anos, primeiro polo meu pai e despois por min. Esas pequenas cousas que vendemos cada día e non lles damos maior importancia e con todo, ademais da súa beleza, déronnos de comer a toda a familia.
Saber extraer a súa fermosura interna e poder expresala é o motivo da colección.

 

Manuel Blanco Celta ‘Manolo Celta’
O Carballiño 1945
Fotógrafo autodidacta, foi fundador da Asociación Fotográfica O Potiños no ano 82. Participa activamente en todas as manifestacións artísticas da provincia, recibindo numerosos premios.
Autor participante asiduo no Outono Fotográfico, a súa obra está case sempre marcada polos detalles. Esas pequenas cousas, vivencias que nos marcan, e que reflicten a súa inquedanza.

Share on FacebookTweet about this on Twitter