FERROL. Ateneo Ferrolán, do 2 ao 31 de outubro.
Curadora: Carolina Martínez.
Chinese School
Entrar nos colexios de primaria malaios supón somerxerse nun mundo de cores pastel onde a masa multicultural adapta o uniforme nacional ás súas crenzas relixiosas e á propia identidade dos nenos. A educación preescolar e primaria, de 4 a 13 anos en Malasia, é a que asegura unha correcta alfabetización e asimilación de conceptos culturais imprescindibles.
Debido á multietnicidade que caracteriza o país, o goberno determina que existan dúas tipoloxías de escolas primarias compartindo plan de estudos e o ensino do inglés e do malaio: Escolas Nacionais Malaias e Escolas Nacionais Non-Malaias, á súa vez divididas en Escola China e Escola India. Ademais das tres etnias predominantes, encontramos colexios que atenden comunidades nativas do país, moitas delas sen relixión e con idioma propio.
A elección de escola é supostamente libre; a realidade que nós encontramos é que en cada centro predominaba a etnia de cada tipoloxía.
Leafhopper Project
David Simón Martret e Blanca Galindo coñecéronse no Pati de la Llotja do festival Emergent de Lleida 2011, onde presentaban os seus traballos.
A mediados de 2012, deciden combinar visións e comezan a traballar xuntos desenvolvendo proxectos fotográficos sobre todo con base documental. En decembro de 2012 realizaron un proxecto de impresións da ciudade de St. Petersburgo que verá a luz en forma de auto publicación.
En 2013 realizaron unha residencia artística en East Coast Artist in Residency en Kuantan (Malaysia), unha exposición e un taller no Museo de Arte de Pahang, son finalistas na categoría de retrato individual no KL International Awards e participan nas proxeccións de Obscura Photo Festival en Penang (Malaysia). En 2013 o seu traballo mostrouse tamén en Évora (Portugal), Nápoles (Italia) e Barcelona.