Juan de la Sota GÓLGOTA. JARDÍN

PONTEVEDRA, Portal 48, do 29 de novembro ao 20 de decembro.

Curador: Carlos Puga.

juandelasota

Sen título

1
Cando un lugar nos reclama, e en fotografía isto acostuma suceder a miúdo, debemos de volver a el, sen importarnos se é un lugar que vemos por vez primeira ou un sitio cotián. Normalmente aí aparecerá o motivo, aquilo do que as nosas fotografías falan. Nese instante tomamos conciencia do traballo por facer. O tempo que pasa ata que o traballo se converte en obra forma parte desta, está implícito nela.
2
Ten a natureza unha orde interna que fai parecer que cada cousa cadra no seu sitio. O problema xorde no momento en que decidimos acoutar un fragmento do que observamos para intentar comprender o que sucede, para amosar o que vemos ou adiviñamos como posible obra (“isto ten cadro”, como dixo o pintor). Cando encadramos atopámonos coa obriga de ordenar doutra maneira, “de compor” e, polo tanto, “xerarquizar” (en palabras de Juan de la Sota), “darlle importancia a un elemento sobre outros”. A única maneira de evitar isto, tras andar de vagar o tempo que se precise, camiñando á beira do que xa se intúe como imaxe, é separar a cámara do ollo, afastala da cara estirando o brazo na procura do encontro: velaí as imaxes que vedes.
3
Son as flores das camelias do xardín familiar, deitadas no chan, o pretexto do fotógrafo (aquilo que antecede ao texto), materia que nutre a planta na espera doutro inverno, mentres no verán serven de consolo ao verdor perenne e á beleza que foi noutrora, agora murcha e apodrecida.
Xabier Fernández.

 

Juan de la Sota
Nace en Madrid en 1957, e desprázase a vivir a Galicia en 1992.
Entre as súas exposicións podemos destacar:
– En 1978 na galería Juana Mordó en Madrid.
– En 2007 no festival Tarazona Foto.
– En 2013 na galería Espacio Sumay en Vilagarcía de Arousa.

Share on FacebookTweet about this on Twitter