José Luis Diz A PÉ DE RÚA

PIÑOR. Casa do Concello, do 4 ao 30 de novembro.
A CORUÑA. Casa Museo Casares Quiroga, do 4 ao 20 de decembro.

joseluisdiz

Acordeon

A pé de rúa. Esta non é unha exposición «al uso» nin unha exposición de «fotos bonitas», é un berro seco que nos toupa diante dos ollos e nos mostra algo que aínda conserva esta nosa sociedade en pleno século XXI.
A pé de rúa é: denuncia, marxinación, miseria, ingnorancia, diferencia social, etc… etc…, resumindo: algo que aínda conserva o tan nomeado progreso.

 

José Luis Diz
O Carballiño 1950
Autodidacta de formación, participa por sexto ano consecutivo no Outono Fotográfico xunto con outros membros da Asociación Fotográfica «O Potiños» de Carballiño, da que é membro activo dende a fundación en 1985.
Foi correspondente do periódico La Voz de Galicia na comarca de O Carballiño de 1978 a 1982 e vencellado á directiva do Cine Club local entre 1975 e 1989. Ten colaborado na edición de varios libros de fotografía sobre O Carballiño, con especial interese na recompilación de fotos vellas desta comarca.

Share on FacebookTweet about this on Twitter