Jonas César LUZ, COR E MOVEMENTO

RIBADAVIA. Casa da Xuventude, do 4 ao 30 de novembro.

jonascesar

Olho

Ter que quedar sen a miña cámara fotográfica foi un grande infortunio. E cinguiu os meus disparos a un iPhone, que levaba no bolso. Virtude tecnolóxica. Da captura dun instante ao disparo repetido en busca da mellor composición, esta serie fotográfica resume catro meses de fotografía en Luanda, meses dunha intensa e peculiar actividade fotográfica que, vaia saber porqué, cesou. Xa non disparo hai outros tantos meses.

 

Jonas César
Chaves 1987
É economista, auditor senior na multinacional Ernst & Young, actualmente traballa en Luando, Angola. É tamén co-produtor da Husma, Lda e xerente da Meios e Ambientes, Lda. Foi co-produtor do Festimge.
Con apenas 14 anos foi vencedor do 2º concurso de fotografía “A vida na escola”, realizado pola Escola Fernão de Magalhães de Chaves. Tamén en 2011 gañou o primeiro premio, no apartado xuvenil, do “Prémio Figueira da Foz 2000 de fotografía.”
En 2007 realizou unha exposición individual –“Efémero composto”– no Teatro Municipal de Vila Real.

Share on FacebookTweet about this on Twitter