Nun festival non só hai exposicións ao uso. Este ano, a variada oferta de propostas alternativas, fainos encetar unha nova sección. E con ela, mostras diferentes e accións fotográficas espalladas por todo o país. Nela poderemos visitar desde unha exposición de libros de autor até unha exposición interactiva á que chegaron postais fotográficas anónimas de todo o mundo.