Colectiva III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE OURENSE, O BARCO E VERÍN

OURENSE. Hospital Santa Maria Nai, do 5 ao 30 de novembro.

O concurso está destinado á captación de fondos gráficos para a súa edición con fins expositivos, de humanización dos espazos comúns ou singulares dos centros do Servizo Galego de Saúde na provincia de Ourense, e publicacións propias da Xerencia de Xestión Integrada, como carteis, programas, manuais, folletos, etc… Nel poden participar todos os traballadores/as con praza nas súas distintas  unidades administrativas, centros de saúde e hospitais. Que en conxunto agrupan a un colectivo próximo aos 6.000 traballadores.

Share on FacebookTweet about this on Twitter