Igor Calvo Alonso GRAN VÍA, 0

FERREIRA DE PANTÓN. Edificio Sociocultural, do 29 de novembro ao 31 de decembro.

igorcalvo

Long term capital accumulation

Gran Vía, 0 componse de fotografías documentais que mostran persoas reais que desenvolven a súa vida nas rúas, naquel espazo público que para o resto dos cidadáns non é máis ca unha mera zona de tránsito. Cada fotografía complétase coa presenza de mensaxes textuais preexistentes que xogan un papel fundamental na configuración da imaxe final, unha combinación que cuestiona a realidade ou ficción de ambos os dous “documentos”.
É dicir, tanto as fotografías como os textos son “reais” xa que carecen de manipulación algunha. Con todo, nin os textos explican ou describen o contido das fotografías, nin as fotografías nos serven para entender ou completar os textos.
Finalmente, as imaxes de Gran Vía, 0 serven tamén como metáfora dun mundo separado por unha inmensa brecha entre o discurso e a realidade.

 

Igor Calvo Alonso
Barakaldo 1972
Fascinado pola fotografía dende que teño uso de razón e principalmente autodidacta, comezo a “estudar” os seus conceptos, técnicas e metodoloxías na adolescencia. Tras licenciarme en Filoloxía Inglesa e pasar por diversos talleres no BBAA de Bilbao e na Tate Modern en Londres, dou o salto ás exposicións; primeiro, no espazo off-line e posteriormente, na Galeria On-Line PhotoArte Komite. É nesta última onde presentei os meus últimos traballos e onde desenvolvín as miñas últimas liñas de investigación que me permitiron dar un importante salto cualitativo na calidade da miña obra.

Share on FacebookTweet about this on Twitter