A Fotografía como toda actividade humana do coñecemento precisa non so do seu desenrolo tecnolóxico e praxe senón da fixación do seu legado, e mais en culturas como a nosa suxeitas a unha presión para diluíla. Como Festival Galego da Fotografía sentimos consecuentemente a necesidade de abrir este espazo ao meritorio traballo de recuperación da nosa memoria histórica xa sexa o das coleccións privadas rescatadas do esquecemento polos propios depositarios ou do traballo metódico dos historiadores da nosa cultura ou curadores de proxectos como os que nesta edición presentamos no Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Vigo e no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

 

 

Share on FacebookTweet about this on Twitter