O CARBALLIÑO. Aparthotel Arenteiro, do 4 ao 30 de novembro.
Casa do Concello, do 3 ao 30 de decembro.
Al final de la escalera
Exploración urbana, así se coñece o tipo de fotografía que realizo. Capturas en lugares abandonados tratando de roubar con cada disparo o último alento de vida das diferentes zonas e a súa historia, e mostrar unha realidade que nas miñas fotos toca o irreal. Unha mestura de beleza, melancolía e decadencia que queda plasmada en cada fotograma e que nos mostra un mundo que se escorrega entre a veracidade do contorno e as fantasías que constrúo coas miñas fotos. O que desexo é transmitir co meu traballo esa sensación de atravesar o tempo, atrapando ao visitante nunha soa mirada emprendendo así unha viaxe alucinante a través de todas as miñas imaxes.
Gloria María Pedrouzo
Ourense 1959
Nacín en Ourense e estudei na Universidade de Santiago; comecei a facer fotografías con 14 anos e aínda que na Arte me iniciei co debuxo, a paixón por capturar imaxes terminou por me conquistar. A miña primeira cámara réflex merqueina no ano 1982 e con ela viaxei por Francia, Alemaña, Suíza, Holanda, Portugal e, como non, España. Pero como ante todo seguía sendo debuxante, coa chegada da era dixital abríuseme a porta a un mundo onde podía facer ámbalas dúas cousas nunha. A miña primeira exposición fotográfica fíxena co colectivo “Kedadas Vigo” en Vigo en 2010, a seguinte foi en Ourense co mesmo colectivo, e a última na sala da Deputación de Ourense co colectivo Violeta.