Gimena Berenguer DIU_ DIÁLOGO INTRA UTERINO

FERROL, Centro Torrente Ballester, do 5 ao 31 de decembro.

Curadora: Carolina Martínez.

gimenaberenguer

ATRAPADA

Este traballo é un proxecto fotográfico en desenvolvemento permanente, traballo que dende a perspectiva persoal e intimista da autora representa as diferentes facetas da súa vida como muller nun mundo que sempre sobrecarga a este xénero. Suxire ao espectador a reflexión que se fai unha muller acerca de si mesma e a súa relación co que a rodea.
Trátase de postais íntimas que se expresan a través de fotografías.

 

Gimena Berenguer
Madrid 1973
Comeza os seus estudos de fotografía en 1990. Ao saír da escola traballou como axudante de estudio de Pedro López Diez durante catro anos, iniciouse como reporteira gráfica para o grupo Segundamano (1995-2000). Crea a súa propia empresa de imaxe na Coruña, CI-CLICK, no ano 2002, onde realizou traballos de fotografía publicitaria, reportaxe social, retrato, tratamento de imaxe dixital, laboratorio B/N profesional e deseño gráfico. En setembro de 2008 actualiza e amplía a súa empresa creando ZLICK, estudio de fotografía, taller de impresión fine art, dirixido a profesionais da imaxe e galería de arte, proxecto que leva a cabo con Marcos Ferreiro.
Exposicións nas seguintes salas:
Sala Alternativa Discorder, Librería María Pandora, Círculo de Bellas Artes, Arco, Pazo de Mariñan, Zlick Market, Proxecta 09, Ciclo de Jazz 1906, Zlick Gallery…

Share on FacebookTweet about this on Twitter