FERROL. Ateneo, do 2 ao 30 de outubro.
Solpor en Frouxeira
Se por algo destaca Galicia é pola enorme cantidade de recursos hídricos: fontes, regatos, ríos, mar… Grazas a este líquido a vida pode prosperar en todos os recunchos.
Nesta exposición recóllese unha boa representación dos nosos parques naturais e ríos virxinais, sen esquecer a actividade industrial que domina o uso das rías e dalgúns dos habitantes das nosas fragas.
Fran Nieto
Fotógrafo especializado na fotografía de natureza. Membro fundador de Wildlife Photography Society e da Sociedad Fotografía y Biodiversidad.
Promotor do Congreso Internacional de Natureza e Fotografía de A Coruña
Director da revista Naturaleza Salvaje.
Obtivo máis de 40 premios de fotografía a nivel nacional e internacional. Impartiu máis de 50 cursos de fotografía a colectivos de fotógrafos, deseñadores gráficos e investigadores, tanto en asociacións fotográficas como no ámbito universitario.
Participa en diferentes exposicións a nivel nacional. Con carácter individual organizou máis de dez exposicións. Colaborou en varios libros. Na actualidade busca editor para as súas últimas producións: O Courel e Costa Ártabara. As súas fotos edítanse con frecuencia en almanaques, dípticos, folletos, pósteres, carteis e revistas de divulgación da natureza.