Félix Marbán Junquera CONSUMATUM EST

RIBADAVIA. Casa da Cultura, do 4 ao 30 de novembro.

felixmarban

Camino del cementerio

A Semana Santa de Bercianos de Aliste leva intrínseco o valor da orixinalidade. Calquera fotografía da Semana Santa Berciana detén os tempos. Os homes, uns vestidos coas capas alistanas de pastor, outros coas súas mortallas, percorren o camiño do Calvario baixo un ceo de lousa. Son casteláns vellos, que parecen plantados como cipreses nun camiño sobre o que se proxectan longas sombras de tardes alistanas. Baixo a lá das capas ou a túnica branca de liño, asoman mans grandes e callosas, de veas e tendóns marcados polo traballo á intemperie, dedos deformados pola artrose, fortes como gadoupas que sosteñen fachóns, boinas e misais. Os pés aparecen calzados con zapatos mil veces lustrados, coiros vellos de suor, tempo e po.

 

Félix Marbán Junquera
Toro, Zamora 1947
Implicado na disciplina fotográfica dende a idade de dezaseis anos, realiza os seus primeiros traballos de temática costumista na área da cidade de Toro e de vivencias persoais relacionadas coa amizade, utilizando para iso cámaras fotográficas ‘Yashica’ e ‘Borlander’.
A partir dos vinte e sete anos desenvolve traballos de reportaxe documental concernentes ao patrimonio artístico da cidade de Toro e o seu alfoz, dedicados a labores arquivísticas particulares, usando para iso cámara ‘Rolleiflex SL35’ con óptica ‘Schneider’.
Tras un dilatado período retoma a actividade fotográfica no ano 2009, adaptándose na súa totalidade ás novas tecnoloxías dixitais tanto en captura como en técnicas de post-procesamento da imaxe.
Na actualidade encóntrase inmerso nun proxecto sobre a etnografía da comarca zamorana de Aliste, expondo en diversas ocasións e obtendo varios premios.

Share on FacebookTweet about this on Twitter