OURENSE. Ateneo, do 4 ao 30 de novembro.
Manuel Ruiz
Este ano 2013, o Ateneo de Ourense volve a participar no Outono Fotográfico coa terceira edición de «Falando en prata».
Trátase, como a de anos anteriores, dunha mostra de fotografía actual con métodos tradicionais (non dixitais) de máis de trinta autores de todo o estado que teñen en común o uso de técnicas tradicionais ou históricas.
De aí o título da mostra, que fai referencia á utilización das sales de prata como elemento sensible á luz e formador das imaxes.
Ao término da exposición no Ateneo toda a colección, seguindo os pasos das anteriores edicións 2011 e 2012, emprenderá unha itinerancia por distintas sedes en todo o estado.